El Club participará con dos equipos en el I Día Autonómico do Pequebasket

Cartel Oficial
Cartel Oficial

A Escola Basket Xiria, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, promove desde a vila de Carballo, o "I Día Autonómico do Pequebasket", a celebrar nunha data tan especial como a do próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, e no que o CB Mercedarias participará con 2 equipos da escola de 2º de Primaria.

 

Orientado a xogadores e xogadoras de entre 4 e 8 anos, e coa novidade do "4x4" como formato de xogo, chega este "I Día Autonómico do Pequebasket", marcado para o vindeiro 17 de maio, e que será, sen dúbida, toda unha festa do deporte para os xogadores e xogadoras máis novos. 

 

O Pavillón Municipal Carballo Calero e as instalacións do CEIP Bergantiños serán sede para toda unha xornada (11.00 h - 19.00 h) na que os nenos e nenas galegos poderán desfrutar aprendendo, convivindo e xogando con compañeiros chegados de diferentes puntos da nosa xeografía.

Cun sistema de encontros "todos contra todos", este "I Día Autonómico do Pequebasket" ofrecerá canastras específicas segundo a idade dos participantes de cada equipo, así como a presenza de monitores e preparadores físicos que guiarán aos rapaces antes de comezar o xogo. 

Esta compoñente deportiva complementarase cun importante volume de actividades lúdicas e de esparecemento nas que poder rendabilizar o tempo libre entre partidos. Gozarase dun espazo repleto de inchables, unha área de educación vial e terreo reservado para actividades culturais relacionadas co 50 aniversario do Día das Letras Galegas, adicado a Roberto Vidal Bolaño. 

Materializarase así un combinado especial de baloncesto e cultura posible grazas ao esforzo do club organizador e a colaboración da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Carballo e a hostalería local. Entre todos, farán do 17 de maio unha data a marcar para repetir en vindeiras ocasións. 

 

INFORMACIÓN PEQUEBASKET 2013
INFORMACION PEQUEBASKET_2013.pdf
Documento Adobe Acrobat 341.2 KB
CALENDARIO OFICIAL
CALENDARIO TORNEO-OFICIAL.pdf
Documento Adobe Acrobat 245.6 KB
Próximos Partidos
PRÓXIMOS PARTIDOS
RESULTADOS Y CLASIFICACIÓN
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN