O "II Torneo de Seleccións Minibasket" chega a Narón

Federación Galega de Baloncesto e Concello de Narón, en colaboración cos Centros Sanitarios La Rosaleda, principal apoio das Seleccións galegas de base; organizan esta fin de semana o "II Torneo de Seleccións Minibasket2.

Estendendo os bo resultado organizativo rexistrado na primeira edición, celebrada en 2014 en Ribadeo, a FGB aposta este ano polo Concello de Narón como o escenario ideal para acoller unha competición amigable que servirá de preparación para as Seleccións Galegas Minis.

Este sábado e domingo, 14 e 15 de febreiro; os nosos combinados autonómicos minis reuniranse na localidade ferrolá para verse as caras cos seus homónimos de Euskadi e Castilla León, así como cos equipos galegos de Fedesa Rosalía (en masculino) e Básquet Coruña (en feminino).

Os pavillóns de A Gándara e A Solaina serán a sede de xogo de este II Torneo, no que, de balde, poderanse ollar en primeira persoa ás evolucións das Preseleccións Galegas no seu camiño cara ao Campionato de España.

Con seis enfrontamentos para cada categoría, masculina e feminina; a localidade de Narón gozará de dúas xornadas completas de baloncesto base, así como da habitual cor que as afeccións das diferentes seleccións autonómicas imprimen a cada campionato.

Nos documentos que se achegan, avanzamos o calendario deste II Torneo, así como os listados de xogadores e xogadoras que representarán a Galicia no mesmo. En próximas datas, remitiremos os equipos ao completo de todas as seleccións e clubs participantes, así como daremos conta da presentación oficial desta agardada cita deportiva.

NOTICIA INTEGRA DE: WWW.FEGABA.COM

LINK DIRECTO NOTICIA FEGABA

Calendario
calendario_torneo.pdf
Documento Adobe Acrobat 193.2 KB
Selección Gallega Femenina
MINI_FEMENINA_CARNAVALES.pdf
Documento Adobe Acrobat 128.4 KB
Selección Gallega Masculina
mini_masculina_caranvales.pdf
Documento Adobe Acrobat 291.8 KB
Próximos Partidos
PRÓXIMOS PARTIDOS
RESULTADOS Y CLASIFICACIÓN
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN